A beleza do instante real
A beleza do instante real
Hai unha cousa que temos clara: a túa historia é única, a máis bela e a máis valiosa. O noso obxectivo é que te namores dela e a revivas para sempre.
Terás imaxes con carácter nas que te verás reflexada tal e como eres, cos teus valores, a túa forma de ser e de sentir. Cada unha delas transportarate a emocións que xa non lembrabas e que manterás vivas para sempre.
Emociónate coa túa historia, coa realidade de quen es, o que sintes, o que te rodea...tal e como sucederon as cousas, sen disfraces nin fantasías de princesas.
Así que...
reláxate, desfruta e vive cada instante
nós ocupámonos de que o lembres
O proceso será así:
1. Para empezar, cóntamo todo sobre ti, da vosa historia...quero empaparme de quen eres e con qué soñas.
Dime que amas ós animais e todo o que está feito á man, que te namoraches dese xesto que inicialmente che parecía odioso e que cres que ten as mans máis bonitas do mundo.
Dime que sin esa amiga non serías capaz de celebrar a túa voda, a quén buscas coa mirada para calmarte cando xa non podes tragar saliva, de quén son esas apertas que te destrozan e te recompoñen á vez, e que te volves forte porque sabes que unha bágoa túa pode romper en pedaciños a túa nai.
Dime qué te move, qué te enche e qué te apaixoa.
2. Cando chegue o día, desfrútao.
Só ri, chora, abraza, bica, berra, murmulla, baila...VIVE cada instante.
3. En definitiva, revive a túa historia sempre que queiras.
Recordarás cómo lle tremían as máns a túa nai mentres trataba de abotoarte, cómo contiña a emoción teu pai cando abriu a porta da habitación e te viu radiante, mirándote como se aínda foses esa nena no seu primeiro día de escola.
Recordarás a mistura entre angustia e felicidade da ollada de túa irmá, cómo os teus amigos pasaron da risa ó choro sen saber porqué e cómo buscabas a mirada de teu pai xusto antes de entrar na cerimonia.
Recordarás cómo tremías co roce das vosas mans, o seu suspiro tralo cruce de miradas ou esa aperta infinita que detivo o reloxo, das que doen...das que intentan dicir tanto.
Recordarás ese momento na festa onde, incluso no medio de todos, observache illada por un momento todo o que te rodeaba e sorriche agradecida, plena e feliz.
Recordarás tantas e tantas cousas que sentiches...
Queremos que non as esquezas, que o paso do tempo non nuble os teus recordos, que revivas sempre que queiras todas aquelas emocións e sentimientos surmerxidos en delicadas imaxes de instantes reais e espontáneos.
Prevoda
Este primeiro contacto coa cámara permitirá que os vosos medos e dúbidas desaparezan cando acabe a sesión.
Trátase de que pasedes un anaco divertido nun ambiente cómodo para coñecervos. Capturaremos a vosa esencia e cando vexas que che encanta o resultado, poderás estar tranquila e relaxarte moito máis o día da voda.
Postvoda
Se che apetece que as vosas fotos de parella sexan algo máis é o momento de facer realidade unha fantasía ou un capricho. Sen presas, nada está escrito. Cóntanos qué che apetece facer nesta sesión, todo é posible.
Esto din as nosas parellas
E ti...se sintes que conectamos, sabemos o qué buscas e podemos axudarche
Falamos?