Si estás buscando imaxes con beleza e carácter, que poidan revivir a intensidade da emoción experimentada en cada momento, os nosos camiños acaban de unirse
Si estás buscando imaxes con beleza e carácter, que poidan revivir a intensidade da emoción experimentada en cada momento, os nosos camiños acaban de unirse
Ola, son Maider!
Son fotógrafa e a cara menos tímida de Xaora Fotógrafos.
Creo firmemente na beleza do momento real e quero que as miñas fotografías se convirtan nos teus tesouros, quero que te namores da túa historia.
Son extrovertida, apaixoada, comprometida e sensible. Gústame o café sen azucre, o bullicio e as apertas. Fascíname viaxar, os novos proxectos e sinto atracción polo descoñecido, o diferente e o raro.
Se algo me fai rir ou chorar, non o esquezo. Desfruto das emocións intensas e adoro os riscos e os retos. Non cambiaría nada do vivido e considero os meus recordos un valioso tesouro.
Creo que me convertín en fotógrafa por varias cousas:
- Gústanme as persoas...Amo as historias, a lectura e o cine.
- Sempre tiven a necesidade de expresar e compartir o que vexo e sinto.
- Fascíname a memoria, cómo funciona e teño medo a esquecer.
Despois de máis 15 anos de adicación plena á fotografía, de compartir historias e de vivir intensos momentos na miña vida que me ensinaron a amar cada segundo vivido e compartido,
a miña ollada foise definindo cun obxectivo claro: fotografío para manter vivos os teus recordos.
Ese é o verdadeiro valor da fotografía para min. E para logralo ofrézoche experiencia, implicación e sensibilidade como peza clave, e explícoche porqué é esencial...
- A sensibilidade emocional é a capacidade de comprender o que sinten os demáis, o que me aporta a facilidade para identificar e capturar emocións e sentimentos.
- A sensibilidade artística é a capacidade de atopar beleza no instante real, o que me permite compoñer imaxes naturais con caracter e significado.
Pero non só estou eu, senon que somos un gran equipo
Unha boa foto axudará a que lembres con claridade e que revivas a intensidade da emoción vivida nun xesto, nunha mirada ou nunha aperta.
Estamos desexando coñecerte
Sí, interésame...